Pide cita previa:

UNIDADE DE
INFORMACIÓN
PARA PERSOAS
REFUXIADAS
UCRAÍNAS

  • A Coruña
    20/04 - 22/04
    Delegación territorial Xunta de Galicia
  • Santiago
    25/04 - 26/04
    Sede Cruz Roja
  • Santiago
    27/04 - 28/04
    Cidade da Cultura
  • Santiago
    29/04
    Sede Cruz Roja
  • Vigo
    02/05 - 06/05
    Delegación territorial Xunta de Galicia
  • Ourense
    09/05 - 13/05
    Delegación territorial Xunta de Galicia
  • Burela
    16/05, 18/05, 19/05, 20/05
    Rúa do Porto
  • Ferrol
    23/05 - 27/05
    Plaza de España
  • Vilagarcía
    30/05 - 03/06
    Avda. de la Marina, 21
  • Monforte
    06/06 - 10/06
    Plaza de la Compañía
  • Pontevedra
    13/06 - 17/06
    Rúa do Espincelo
  • Lugo
    20/06 - 24/06
    Delegación territorial Xunta de Galicia
  • Marín
    27/06 - 29/06
  • Melide
    30/06 - 01/07
  • Ribeira
    04/07 - 06/07
  • Noia
    07/07
  • Lalín
    08/07 - 12/07
  • Santiago
    13/07 - 15/07

VER RUTA

  • A Coruña
    20/04 - 22/04
    Delegación territorial Xunta de Galicia
  • Santiago
    25/04 - 26/04
    Sede Cruz Roja
  • Santiago
    27/04 - 29/04
    Cidade da Cultura
  • Santiago
    29/04
    Sede Cruz Roja
  • Vigo
    02/05 - 06/05
    Delegación territorial Xunta de Galicia
  • Ourense
    09/05 - 13/05
    Delegación territorial Xunta de Galicia
  • Burela
    16/05, 18/05, 19/05, 20/05
    Rúa do Porto
  • Ferrol
    23/05 - 27/05
    Plaza de España
  • Vilagarcía
    30/05 - 03/06
    Avda. de la Marina, 21
  • Monforte
    06/06 - 10/06
    Plaza de la Compañía
  • Pontevedra
    13/06 - 17/06
    Rúa do Espincelo
  • Lugo
    20/06 - 24/06
    Delegación territorial Xunta de Galicia
  • Marín
    27/06 - 29/06
  • Melide
    30/06 - 01/07
  • Ribeira
    04/07 - 06/07
  • Noia
    07/07
  • Lalín
    08/07 - 12/07
  • Santiago
    13/07 - 15/07

ACABO DE CHEGAR DE UCRAÍNA, QUE DEBO FACER?

A recomendación para a poboación ucraína que chega a Galicia é acollerse ao sistema de protección temporal a través das entidades encargadas da primeira acollida en Galicia.

O sistema de protección temporal é un estatuto que ofrece atención inmediata aos refuxiados ucraínos durante o prazo dun ano prorrogable a tres.

Dá acceso a determinados dereitos como o permiso de residencia, permiso de traballo, atención médica, atención educativa a menores e prestacións sociais.

Poden solicitar protección temporal as persoas que cumpran algúns dos seguintes supostos:

  • Nacionais ucraínos ou con residencia nese país que sairán de Ucraína a partires do conflito con Rusia (24-02-2022).
  • Nacionais ucraínos ou con residencia nese país que xa se atopaban en España antes do conflito con Rusia, xa fose en situación regular ou irregular.
  • Membros das súas familias.

A recomendación é facelo a través dos centros de recepción de refuxiados. Alí ofrecen unha orientación inicial, axudan na realización dos trámites para a obtención dos permisos de residencia e de traballo e derivan ao lugar de acollida máis axeitado.

A recomendación é acceder ao sistema de protección temporal a través de Accem, pero tamén podes acceder por conta propia mediante comparecencia persoal ante a Policía Nacional, que expedirá un resgardo acreditativo de solicitude de NIE ou resolución de concesión da protección temporal. Esta xestión pode realizarse nas comisarías de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago, Ferrol e Tui. Pide cita no teléfono: +34 91 047 44 44.

Posteriormente, para o acceso ás prestacións sociais débese acudir aos servizos sociais municipais.

Ademais dos beneficios da protección temporal, podes optar a recibir outro tipo de axudas para obter aloxamento, manutención e outras axudas económicas. Para elo podes acudir ao Sistema de Acollida de Protección Internacional xestionado por Accem xunto a outras entidades sociais galegas.

A protección internacional é un recurso de asilo que recoñece o status de persoa refuxiada. Concédese nun prazo de ata 6 meses, mentres que a protección temporal concédese en 24 horas. É necesario unha avaliación e cumprir certos requisitos.

Este colectivo tamén ten acceso ao Bono de Alugueiro Social da Xunta de Galicia en conformidade cos requisitos existentes.

Os nacionais ucraínos ou con residencia nese país que xa se atopaban en España antes do conflicto poden solicitar protección temporal para residir e traballar en España, independentemente de se a súa situación era regular ou irregular. Se levas menos de 90 días en España, a túa situación segue a ser regular.

Si. Os procedementos foron simplificados a instancias da Unión Europea, o que permite ás persoas refuxiadas de Ucraína obter permiso de residencia e de traballo en 24 horas.

O dereito á asistencia sanitaria está garantido de forma inmediata a toda a poboación ucraína chegada a Galicia.

Para acceder á atención primaria, débese tramitar previamente a protección temporal, expedida nun prazo de 24 horas polas comisarías de Policía Nacional, onde asignarán un Número de Identificación de Estranxeiros (NIE).

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) procederá ao recoñecemento inmediato nos centros de saúde, hospitais ou outros espazos habilitados.

Incluirase ao solicitante na base de datos de poboación protexida autonómica asignando un CIP e un resgardo de dereito a asistencia sanitaria e vacinación de carácter xeral.

COMO AXUDAR DESDE GALICIA A NIVEL PARTICULAR?

A axuda máis efectiva son as doazóns económicas, posto que os recursos como comida, roupa ou medicamentos poden complicar a xestión e resultar ineficientes. Recoméndase facer doazóns a entidades nas que confíes a través da súa web oficial e evitando estafas que poden producirse por teléfono ou seguindo ligazóns de correo electrónico ou sms.

Outra forma de axudar é a través do voluntariado. Sempre é un bo momento para botar unha man a algunha das ONGs que traballan en Galicia na recepción e asistencia aos refuxiados. Varias entidades contan con formularios web para inscribirse ou ofrecer axuda.

En Galicia a entidade que xestiona a primeira acollida é Accem, que xunto ás seguintes organizacións xestionan o programa de protección internacional e contan con prazas de emerxencia para a poboación ucraína: Cruz Vermella, Diversidades, Diaconía, Ecos do Sur, Provivienda, Movimiento por la Paz el Desarme y la Libertad

Tamén existen varias ONG para o Desenvolvemento que traballan sobre o terreo en Ucraína ou países limítrofes como: ACNUR, Cruz Vermella, UNICEF

A maioría delas contan na súa web con información para doazóns ou formularios para axudar como voluntario.

A recomendación é poñerse en contacto con Accem Galicia a través do teléfono gratuíto +34 673 319 850 para regularizar a situación dos refuxiados, de modo que obteñan unha orientación inicial, axuda na realización dos trámites para acollerse ao sistema de protección temporal e un lugar de acollida apropiado.

Os menores que cheguen sos a Galicia serán atendidos polas entidades de protección á infancia dependentes da Xunta de Galicia.

Se coñeces o caso dalgún menor que chegase só ou sen referencias familiares, é importante poñelo en coñecemento inmediato da Policía Nacional ou a través do teléfono de axuda á infancia (116111) ou aos servizos sociais municipais. Desta forma activarase a procura internacional da súa familia e procederase a ofrecerlle a alternativa que mellor se adapte ás súas necesidades específicas.

A Lei de Adopción Internacional establece no art.4 a imposibilidade de adoptar menores cuxo país de residencia atópese en conflito bélico.

Aínda que apreciamos as mostras de solidariedade e ofrecementos de acollida de nenos e nenas procedentes de Ucraína, a prioridade é atopar a mellor solución para cada caso a través das canles institucionais, polo que serán os servizos sociais quen determine a opción óptima.

En Galicia a acollida familiar de menores é xestionada pola Xunta, que conta cunha web específica onde podes obter máis información ou poñerche en contacto ofrecendo a túa axuda ou solicitar información personalizada: acollementofamiliar.gal

A lingua é moi importante para a acollida. En Galicia necesitamos persoas que falen ucraíno, ruso e español. Podes poñerche en contacto coa Xunta de Galicia a través do correo electrónico emerxencia.ucraina@xunta.gal ou directamente coas entidades sociais antes mencionadas. Necesitamos saber en que localidade resides e que nivel de competencia tes en cada lingua.

Agradecemos todas as mostras de solidariedade por parte de cidadáns, empresas e entidades. Se contas cunha vivenda baleira ou outro recurso de acollida, podes poñela en coñecemento:

 

Nesta primeira fase están a utilizarse recursos de acollida públicos e das entidades sociais. Isto facilita a asistencia social das persoas chegadas e a súa estabilidade no tempo.

O Goberno está a preparar un protocolo de acollida de forma que as vivendas postas a disposición por parte das comunidades autónomas, concellos, entidades sociais e particulares serán asignadas de forma centralizada.

Se coñeces a persoas que foxen da guerra en Ucraína, podes poñelo en coñecemento do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones a través do teléfono gratuíto: +34 91 047 4444 para que teñan en conta aos teus achegados á hora de determinar o seu destino de acollida.

A Xunta garante a escolarización inmediata dos menores ucraínos. A prioridade é que se sintan arroupados desde o primeiro momento, facilitar a súa integración e que poidan continuar a súa formación e desenvolvemento coa menor disrupción posible. Para este fin:

  • Os servizos de transporte escolar, comedor, material educativo e actividades extraescolares son gratuítos para todos eles.
  • Creouse un Plan de Acollida para os centros.
  • A asignación de curso é equivalente á do seu país de orixe.
  • Ponse a disposición dos centros educativos volumes bilingües en ucraíno-español, así como unha selección de libros sobre conflitos bélicos e refuxiados.
  • Habilitouse un espazo web con diversos recursos como unha guía de conversa básica galego-español-ucraíno.

As competencias neste ámbito recaen na Xunta de Galicia, que regulará a súa situación administrativa e evitará posibles casos de desprotección. A prioridade é que os menores permanezan sempre cos seus achegados.

A Xunta e as principais entidades especializadas na protección da infancia traballan para garantir a identificación e protección dos menores que cheguen. Estas entidades son: Cruz Vermella, UNICEF e a Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia (POIG).

A poboación ucraína poderá inscribirse como demandante de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia e terán acceso a todos os cursos de formación para persoas desempregadas, á acreditación de competencias chave e aos procedementos de recoñecemento da experiencia profesional.

UNIDADE DE
INFORMACIÓN
PARA PERSOAS
REFUXIADAS
UCRAÍNAS

A CORUÑA

20/04 - 22/04

Delegación territorial
Xunta de Galicia

SANTIAGO

25/04 - 26/04

Sede Cruz Roja

SANTIAGO

27/04 - 28/04

Cidade da Cultura

SANTIAGO

29/04

Sede Cruz Roja

VIGO

02/05 - 06/05

Delegación territorial
Xunta de Galicia

OURENSE

09/05 - 13/05

Delegación territorial
Xunta de Galicia

BURELA

16/05, 18/05, 19/05, 20/05

Rúa do Porto (Cerca de Base de Salvamento Marítimo de Cruz Roja)

FERROL

23/05 - 27/05

Plaza de España

VILAGARCÍA

30/05 - 03/06

Avda. de la Marina, 21

MONFORTE

06/06 - 10/06

Plaza de la Compañía

PONTEVEDRA

13/06 - 17/06

Rúa do Espincelo

LUGO

20/06 - 24/06

Delegación Territorial
Xunta de Galicia

MARÍN

27/06 - 29/06

MELIDE

30/06 - 01/07

RIBEIRA

04/07 - 06/07

NOIA

07/07

LALÍN

08/07 - 12/07

SANTIAGO

13/07 - 15/07